lunes, 2 de febrero de 2009

A asociación xuvenil Os Pícaros de Barcala dase a coñecer coa Festa da Xuventude

La Voz
1/2/2009
A recén constituída asociación xuvenil Os Pícaros de Barcala, na Baña, está a promover o seu bautizo público coa organización da súa primeira Festa da Xuventude, que terá lugar o 13 de febreiro pola noite, no campo da Camposa, en Seoane, e que contará coa actuación da orquestra Olympus e o grupo Tekila.
O colectivo xuvenil creouse a finais do pasado ano por unha trintena de mozos e mozas da parroquia bañesa de San Xoán de Barcala. Entre os seus fins está promover actividades para a xente nova, entre as que destaca a organización das festas parroquiais. Contan coa colaboración da asociación veciñal A Barcalesa, e de feito comparten sede no restaurado edificio da antiga escola da Unión Barcalesa da Habana. De cara á cita do día 13 anuncian unha carpa cubrindo o recinto da festa que estará perfectamente sinalizado, amais de aparcadoiro para os centos de mozos que agardan que acudan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario